Rairiz de Veiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRairiz de Veiga
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°04′59″N 7°49′56″O / 42.083055555556, -7.8322222222222Coordenadas: 42°04′59″N 7°49′56″O / 42.083055555556, -7.8322222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Ourense Editar o valor em Wikidata
CapitalRairiz de Veiga Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.220 (2023) Editar o valor em Wikidata (16,92 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie72,1 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude622 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataAsunción Morgade (2015–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Rairiz de Veiga Editar o valor em Wikidata
Código INE32067 Editar o valor em Wikidata

Rairiz de Veiga é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.456 habitantes (1.767 en 2003).

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 1.456 (2014)
Menores de 15 anos 80 (5,49 %)
Entre 15 e 64 anos 780 (53,57 %)
Maiores de 65 anos 596 (40,93 %)
Evolución da poboación de Rairiz de Veiga   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.084 4.151 4.463 4.114 1.788 1.673 1.622 1.568 1.527
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello ten unha superficie de 72,39 km², e abrangue 8 parroquias. Atópase na Limia Alta, a unha altitude entre 600 e 1000 m. Ocupa parte dos terreos antigamente anegados pola lagoa de Antela, conservándose algunhas charcas, como as Veigas da Ponte Liñares. As Veigas da Saínza, Ordes e Congostro forman unha valgada enchoupada, de pouca drenaxe. A zona está dentro da zona especial de conservación (ZEC) de Veiga de Ponteliñares[1][2]. Estas veigas adoitan ser zonas húmidas nas tempadas de choiva, permitindo unha grande riqueza biolóxica nos pastos e nas carballeiras. É por iso que está está incluída na Rede Natura 2000. Ademais forma parte da reserva da biosfera Área de Allariz. Alí atópase a carballa da Rocha.

Historia[editar | editar a fonte]

Na zona foron achados restos de palafitas, construcións propias de poboados á beira de lagos e lagoas feitas con madeira e barro, de planta circular e paramentos de cestería. Durante a cultura castrexa houbo asentamentos como o castro de Monte Albán (parroquia de Sabariz), escavado a comezos do s. XX por Florentino López Cuevillas e Vicente Risco, e onde apareceu un enxoval con numerosas pezas de cerámica campaniforme e outros materiais.

Quedou bastante pegada da romanización de Galicia, ao pasar por aquí a Vía Nova ou Vía XVIII do itinerario de Antonino entre Braga e Astorga, que cruzaba o río Limia na Ponte Pedriña.

Na idade media construíuse a Torre de Celme, da que non quedan restos. Xa na idade moderna construíronse o pazo de Santa María de Ordes, un conxunto de casas grandes e capela, na actualidade reformado. respecto á arquitectura relixiosa, a igrexa de Guillamil é de estilo románico. As de Lampaza e Rairiz de Veiga son do s. XVIII con portada renacentista. As de Candás, Congostro, Ordes e Sabariz son barrocas.

Durante o antigo réxime na xurisdición de Rairiz de Veiga impartían xustiza o Conde de Moctezuma (parroquias de Congostro e Ordes) e o Conde de Monterrei. O actual concello constituíuse coa división territorial de España en 1833.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Rairiz de Veiga

Candás (San Martiño) | Congostro (Santa Mariña) | Guillamil (Santo André) | Lampaza (Santa María) | Ordes (Santa María) | Rairiz de Veiga (San Xoán) | Sabariz (San Pedro) | Zapeaus (Santo Adrao)

Lugares de Rairiz de Veiga[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rairiz de Veiga vexa: Lugares de Rairiz de Veiga.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Veiga de Ponteliñares". Consultado o 18/10/2019. 
  2. Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ES1130006 Veiga de Ponteliñares". Consultado o 18/10/2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]