Castrelo de Miño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCastrelo de Miño
Imaxe

Nomeado en referencia arío Miño Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°17′40″N 8°04′00″O / 42.294444444444, -8.0666666666667Coordenadas: 42°17′40″N 8°04′00″O / 42.294444444444, -8.0666666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Ourense Editar o valor em Wikidata
CapitalBarral Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.337 (2023) Editar o valor em Wikidata (33,64 hab./km²)
Xeografía
Superficie39,74 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude159 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataAvelino Pazos Pérez Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Castrelo de Miño Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32430 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE32022 Editar o valor em Wikidata

Páxina webcastrelo.gal Editar o valor em Wikidata

Castrelo de Miño é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Castrelo de Miño limita ó oeste co concello de Ribadavia, ao norte con Cenlle, ó leste con Toén, ó sur con Cartelle e A Arnoia. Abrangue unha superficie de 39,7 km2 nos que acolle unha poboación de 1.349 habitantes (conforme o padrón de 2019), distribuídos nas parroquias de Macendo, Barral, Castrelo de Miño, Astariz, Ponte Castrelo, Prado de Miño e Vide de Miño. A capital municipal é o lugar de Barral, na parroquia de Barral. Está adscrito ó partido xudicial de Ribadavia e á provincia e diocese de Ourense.

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo total 1.349 (2019)
Menores de 15 anos 67 (4.97 %)
Entre 15 e 64 anos 670 (49.67 %)
Maiores de 65 anos 612 (45.36 %)
Evolución histórica[1] 1981 1986 1991 1996 2001 2006 2011 2016
Número de habitantes 5.508 5.327 3.605 2.121 2.121 2.008 1.814 1.490

O río máis importante que atravesa o concello é o Miño.

Clima[editar | editar a fonte]

Climaticamente atópase baixo un microclima mediterráneo. A temperatura media anual é de 14,9 °C e a precipitación anual media é de 790 mm. Distínguese unha área de terras baixas e outra coas montañas que rodean o val.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia de Castrelo de Miño, coñecido na Idade Media como Castrum Minei, estivo ligada a un mosteiro dúplice, que pertenceu sucesivamente ao bispo de Ourense, á Orde de San Xoán de Xerusalén e á encomenda de Quiroga.

A igrexa de Santa María atópase ao pé da presa. No ano 947 era mosteiro de monxas, unha das súas máis destacadas abadesas foi dona Goto, a viúva do rei de Galicia Sancho Ordóñez. O rei de León, Sancho o Craso, foi envelenado neste mosteiro no ano 967. Esta igrexa mantén parte da torre románica e unha ábsida semicircular do século XII. Conta cun arco triunfal de medio punto. No exterior hai relevos románicos. Gran parte da igrexa foi reconstruída en 1763, en estilo barroco. A tenencia deste castelo pasou por varias mans, entre elas os da Casa de Traba así como a liñaxe dos Arias, que mantivo neste castelo e logo no de Pena Corneira preso ao rei Afonso VII sendo un neno.

O río Miño marcou a actividade deste concello. Na Idade Media existiu unha ponte que se derrubou no século XVI, os seus servizos foron suplidos por unha barca. Nos anos vinte construíuse a ponte de pedra e ferro que conectaba ambas beiras do Miño, nela leváronse a cabo asasinatos durante a Guerra civil española. A construción do encoro en 1969 por FENOSA que asolagou parte das terras do concello, levou consigo a oposición dos agricultores pola contía das indemnizacións, as consecuencias ambientais e a desaparición de terras fértiles, dándose aquí unhas das primeiras manifestacións mais famosas contra dos encoros en Galicia auspiciada pola UPG. Na década de 1970 acabouse de construír a estrada nacional que unía Ourense con Portugal converténdose esta ruta na mais rendible debido ao número de viaxeiros que ía ao contrabando á Raia en Ponte Barxas.

Cultura[editar | editar a fonte]

Toponimia[editar | editar a fonte]

O nome de Castrelo procede do latín castellum e castrum, "cidade alta e fortificada"[2]. O xenitivo de Miño fai referencia ó río Miño.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía do concello depende de maneira maioritaria do sector primario (representa aproximadamente o 50% da poboación), máis concretamente do sector vitivinícola, con 23 adegas en produción (2017), o cal corresponde a unha media dunha adega por cada 65 habitantes.[Cómpre referencia] A gandería ten pouco peso no concello e limítase a granxas porcinas provedoras da cooperativa COREN. O sector industrial representa un 20% da poboación activa, onde destaca algunha fabrica téxtil e o encoro de Fenosa. O sector servizos do concello limítase a cubrir as necesidades básicas.

Deportes[editar | editar a fonte]

O Castrelo Club de Fútbol é o equipo do concello e de creación recente (2010) e compite na Terceira Autonómica de Galicia (Grupo 13 - Ourense) así como tamén compite na Copa da Excma. Deputación de Ourense.

Parque Náutico de Galicia[editar | editar a fonte]

O Club Náutico Castrelo de Miño[3] é o Centro Náutico de referencia do interior de Galicia grazas á súa gran superficie de auga embalsada e as súas amplas e completas instalacións. Leva funcionando mais de 25 anos (dende 1991) e realízanse actividades deportivas con carácter turístico-recreativo e adestramento-competición, de vela, remo e piragüismo. Ofrécense cursos de iniciación e perfeccionamento todo o ano e realízanse competicións de carácter autonómico e estatal.

Festas[editar | editar a fonte]

  • Festa de Nosa Señora das Neves: en Barral; 4, 5 e 6 de agosto. Inclúen a celebración da festa gastronómica da anguía.
  • Festas de San Roque: en Macendo; 15 e 16 de agosto.
  • Festas de San Antonio: en Souto; segundo sábado de xullo.
  • Ribeiro Blues: segunda fin de semana de agosto (cancelado desde 2021).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Castrelo de Miño

Astariz (Santa María) | Barral (Nosa Sra. das Neves) | Castrelo de Miño (Santa María) | Macendo (Santa María) | Ponte Castrelo (Santo Estevo) | Prado de Miño (Santa María) | Vide de Miño (San Salvador)

Lugares de Castrelo de Miño[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castrelo de Miño vexa: Lugares de Castrelo de Miño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Instituto Galego de Estatística". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2017. Consultado o 07 de agosto de 2017. 
  2. Moralejo Lasso, A.: Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela. Editorial Pico Sacro. 1977, páxs. 22, 25 e 281. ISBN 84-85170-20-2
  3. Sitio web do Club Náutico Castrelo de Miño

Véxase tamén[editar | editar a fonte]